Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

Preinscrición: VERÁN CULTURAL 2018. CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN.

Centro Cultural Manuel Lustres Rivas, Riveira

Desde viernes, 01 de junio 2018 hasta lunes, 18 de junio 2018

O prazo de preinscrición será do 1 ao 18 de xuño de 2018, período no que poderán anotarse todos as persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos cubrindo os seus datos nun formulario online a través da web oficial do Concello de Riveira (www.riveira.gal). Este formulario estará operativo dende as 09:30 h do 1 de xuño ata as 23:59 h do 18 de xuño – podendo facelo tamén de xeito presencial nas dependencias da Concellería de Cultura, onde os empregados públicos empregarán o mesmo formulario online para garantir a orde de solicitude, neste último caso de 09:30 a 14:00 h os días laborais- e que se emprega para ter unha previsión de número de participantes.