Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

Pum, Pum!

Casa da Cultura, Porto do Son

miércoles, 20 de junio 2018 desde las 11:30 hasta las 13:30

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou.

Pum Pum é un espectáculo tenro para nenos/as a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.