Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

XIII Campus "JOSÉ ÁNGEL ANTELO" Vila de Noia

Noia

Desde lunes, 02 de julio 2018 hasta viernes, 06 de julio 2018

Xa se acerca o XIII Campus "JOSÉ ÁNGEL ANTELO" Vila de Noia, da man de Deportes - Concello de Noia e o CB Noia.


Este ano con novos adestradores convidados polas mañáns e novas actividades lúdico recreativas polas tardes: KAIAK, VELA, PARKOUR, ESCALADA...


Os pais e nais poderán participar en varias das actividades cos seus fillos: olimpiadas, xogos de auga, zumba, repostería ( onde todos farán o almorzo do día seguinte).
O mércores 4, actividade estrela de día completo no AQUAPARK de Cerceda, con comida e bus incluidos para os inscritos.


O xoves 5, noite de xogos e cine. Logo, DURMIREMOS todos xuntos no pavillón...preparade os sacos e as lanternas...


Todo isto e máis...sorteos, agasallos e diversión a tope.


Ven cos teus amigos a disfrutar...PRAZAS LIMITADAS..!!