Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

CURSO PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO

Viveiro de Empresas, Porto do Son

Desde martes, 07 de agosto 2018 a 09:30 hasta viernes, 10 de agosto 2018 a 14:30

O CONCELLO DE PORTO DO SON VAI DESENVOLVER NO MES DE AGOSTO UNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA NO ÁMBITO DO COOPERATIVISMO.

Esta acción formativa, gratuíta e de 20 horas de duración, é puntuable para o baremo de marisqueo a pé (PERMEX).

O Concello de Porto do Son, como entidade adherida á Rede Eusumo, e a unión de cooperativas Espazocoop, poñen en marcha unha nova acción formativa no ámbito do cooperativismo que terá lugar os días 7, 8, 9 e 10 de agosto en horario de 09.30h a 14.30h.

Baixo o título de “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”, as persoas participantes traballarán de maneira práctica os aspectos esenciais para desenvolver o seu plan de empresa cooperativo, como:

- Introdución ao plan de empresa cooperativo.

- Área comercial e de mercado.

- Área económica e financeira.

- Área organizativa e trámites de constitución.

- Etc.

Esta acción formativa, está dirixida a persoas con inquedanzas e interese no traballo cooperativo, emprendedores e público interesado en xeral. Ademais, esta actividade está incluída no catálogo de formación puntuable para obter os PERMEX de marisqueo a pé (0,40 puntos).

As persoas interesadas deben facer a súa inscrición presencialmente, do 2 ao 6 de xullo, no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (Casa do Concello – 2º andar).