Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

Festa da Carballeira 2018 de Zas

Zas

Desde viernes, 03 de agosto 2018 a 21:00 hasta sábado, 04 de agosto 2018 a 23:59

Este ano a Carballeira vólvese máis folk ca nunca, traendo artistas dende diferentes puntos de Galicia, España Europa e Asia, contando coa presenza do grupo xaponés Harmonica Creams, que actuará o sábado día 4 no escenario Estrella Galicia, despois da actuación do galego Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre. A continuación dos nipóns completarán o cartel do sábado os escoceses Mànran, (cabezas de cartel xunto con Xabier Díaz), e pecharán a noite os galegos Astarot.

En canto o venres, abrirán a 35 edición, tamén no escenario Estrella Galicia, os galegos Pelepau, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, SES e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers.

Programa completo:

Venres 3 de agosto de 2018
A partir das 21:00 h:

  • Pelepau
  • Niamh Ní Charra
  • SES
  • Fatty Farmers

Sábado 4 de agosto de 2018
A partir das 14:00h

  • Caxade (Sesión Vermú Nordesía)
  • Os Farrapos (Sesión Vermú Nordesía)
  • Cé Orquestra Pantasma

Actuarán:
Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
“Foliada” da Carballeira. (Unha foliada aberta a todos os amantes das festas tradicionais, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com tenrán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.)

A partir das 21:30h

  • Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre
  • Harmonica Creams
  • Mànran
  • Astarot