Comentarios

Sin comentarios
Sé el primero en publicar un comentario
Galicia Móvil

Prehistoria cos clicks en Pontevedra

Museo de Pontevedra

Desde miércoles, 21 de febrero 2018 hasta domingo, 17 de junio 2018

A primeira planta do Sexto pódese ver ata o 18 de xuño un diorama que recrea escenas da Prehistoria con “clicks”, coa que pretende achegar esta etapa da evolución humana aos máis pequenos e, ao tempo, animar ao público máis novo a que visite o Museo.

Esta é unha iniciativa creada por Casvali Servicios Integrales en colaboración co Centro de Encuentros y Creatividad e a Asociación Cultura y Sociedad e o Museo de la Evolución Humana, co lema “Xoguete + creatividade = coñecemento”.

O diorama reflicte diferentes accións humanas de momentos da época prehistórica: a caza, as covas, a pintura, o lume, diferentes especies de animais, algunhas delas extinguidas. Todo a través dun centenar de figuras complementadas con obxectos e reproducións da época, de maneira que as recreacións toman escala real e serven de coñecemento, ademais de darlle importancia aos labores de estudo (arqueoloxía, bioloxía, xeoloxía)… En resumo: Estudar, Aprender e Investigar.

Para que a visita resulte máis divertida e didáctica, no diorama aparecen algúns “erros”, anacronismos que o público infantil e familiar deberá descubrir durante a visita.

Con esta actividade as persoas, grandes ou pequenas, que visiten o Museo, terán unha introdución ao inicio da evolución humana que poderán continuar nas salas de Arqueoloxía primeiro, e máis adiante no resto das instalacións para contemplar testemuños da nosa historia a través das artes, ata os nosos días.

Ao longo destes meses realizaranse diversos obradoiros para a rapazada. O primeiro, de pigmentos naturais, terá lugar o vindeiro sábado día 24 de febreiro, en horario de mañá de 11:00h a 13:30 h e o 10 de marzo en horario de 17:00 a 19:30 h.

Os días 27 e 28 de marzo de 11:00 a 13:30 h haberá dous obradoiros de Prehistoria. A inscrición nestes obradoiros, que serán de balde, pode facerse a través do Gabinete Didáctico no teléfono 986 804 100, extensión 42413 ou a través do correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es . O horario de atención será de 8:30 a 14:30 h de luns a venres.

Esta actividade está encadrada nas celebradas no proxecto Telecultura 2017 e terá continuidade en vindeiras edicións deste programa.